martes, 16 de junio de 2009

GRAZAS!

Os "organizadores", armadanzas, liantes, ..., reunidos nos últimos días para cerrar as cuestións relativas á pasada cea, queremos agradecervos a todos/as os comentarios recibidos, críticas constructivas (ou non), agradecementos sinceros (e non), fotos enviadas, ...

E tamén agradecerlle a Emilio Pis, o noso grandísimo profesor de matemáticas, que intentou pórse en contacto con nós o propio día da cea para desculpar a súa ausencia. Todo un detallazo! Grazas Emilio, contamos contigo para o ano!


E, por último, este blog seguirá aberto, para calquera alusión e/ou comentario, ao tempo que queremos informarvos que existe un amplo album fotográfico, que por cuestións obvias non publicaremos na rede, pero que podedes conseguir contactando con calquera de nós.


Bicos e abrazos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario