martes, 16 de junio de 2009

GRAZAS!

Os "organizadores", armadanzas, liantes, ..., reunidos nos últimos días para cerrar as cuestións relativas á pasada cea, queremos agradecervos a todos/as os comentarios recibidos, críticas constructivas (ou non), agradecementos sinceros (e non), fotos enviadas, ...

E tamén agradecerlle a Emilio Pis, o noso grandísimo profesor de matemáticas, que intentou pórse en contacto con nós o propio día da cea para desculpar a súa ausencia. Todo un detallazo! Grazas Emilio, contamos contigo para o ano!


E, por último, este blog seguirá aberto, para calquera alusión e/ou comentario, ao tempo que queremos informarvos que existe un amplo album fotográfico, que por cuestións obvias non publicaremos na rede, pero que podedes conseguir contactando con calquera de nós.


Bicos e abrazos!

lunes, 1 de junio de 2009

Seguimos vivos!!!!

Eu estiven na Cea Reencontro 09!!!
E sobrevivín!!!
Como o resto de persoas que vimos o amencer do sábado, jajajaja!

Ben, desde a organización, esperamos que todo fose do voso gusto, que difícil sería, pero intentámolo, e se algunha queixa tedes, comentádeo, por favor!!!

E se tedes algunha fotito interesante, facédenola chegar!!!