viernes, 29 de mayo de 2009

Hoxe é o día!!!

Xa rematou a conta atrás...hoxe é o día D!!!!
Hoxe é o día, today is the day!!!
Vémonos pola noite, ás 22:00h!!!!!
25ºC, máis de cen persoas, restaurante Catavento, ...
Cámara de fotitos, cámara, remember, ...

jueves, 28 de mayo de 2009

Ás 22:00h!! A cea é ás 22:00h!!! Ás 22:00h!!!! Quedou claro??


Pois iso.

Iso significa que ás 22:00h comezamos.


Ás 22:00h non son as 22:45h nen as once menos cuarto, nen ...que nos coñecemos...

Vémonos!!!
Queda un día!!!!!

miércoles, 27 de mayo de 2009

Menú

A comida non é o máis importante da noite...pero comer imos comer tamén.
Entrantes
Tortilla, empanada, calamares, croquetas
Churrasco mixto, de porco e terneira, polo picantón, chourizo criollo e á barbacoa
Ensalada e patacas
Tarta
Viño, auga, refrescos
Café, licor café e crema de augardente


martes, 26 de mayo de 2009

Pechado por festas


Pechado o prazo de inscripción na festa-evento-divertimento máis importante do ano, superando o cento de asistentes/as, en clara desproporción entre sexos, podemos ir vendo as previsións meteorolóxicas...


O windguru anuncia unhas temperaturas superiores aos 25 graos, con certa nubosidade...mentres que Meteogalicia dá unha noite despexada...que nós nos encargaremos de caldear o ambiente...


Seguiremos informando...

sábado, 23 de mayo de 2009

LUNS 25 DE MAIO ÚLTIMO DÍA PARA APUNTARSE!!!

Ante a avalancha de xente que se estivo apuntando nas últimas horas, a comisión, jeje, decidiu ampliar o prazo para apuntarse na cea. Non queremos que ninguén quede fóra, pero, comprenderás, que hai que argallar certas cuestións que non nos permiten deixar que se apunte xente até o último minuto.

Polo tanto, e visto o anterior, o prazo improrrogable para apuntarse-pagando na cea rematará o LUNS 25 DE MAIO.

Por favor, se aínda non nos consta que a túa presenza vai encher de felicidade a noite do venres 29...móvete!!!

Seguiremos informando...

PD: Vaian preparando cámaras, ...

martes, 19 de mayo de 2009

Últimos días, últimas oportunidades, atención, atención!!!!

Pois iso, o día D acércase...e ti aínda así???

Non nos digas que aínda non confirmaches a túa presenza?????????!!!!!!!!!!!!!!

Sen ti a festa non sería igual...pero sería festa tamén, non vaias a pensar. Pese a todo, gustaríanos contar contigo, así que apúrate ti e apura aos que ti coñezas!!!

Vémonos na festa do ano...promete, promete...