jueves, 30 de abril de 2009

Difundindo o encontro nos medios de comunicación, porque sempre hai despistados...

Vimos de lanzar o noso encontro aos medios de comunicación, porque sempre hai xente que non se entera...que todo pode ser, nunca se sabe, ...


SERÁ O 29 DE MAIO NUN COÑECIDO RESTAURANTE DE PONTEAREAS
Ex-alumnos do IES Val do Tea organizan unha cea de antigos alumnos
Varios ex-alumnos do IES Val do Tea de Ponteareas organizaron unha cea, a modo de reencontro, para o próximo 29 de maio.

A cita intenta reunir a antigos compañeiros de instituto, concretamente aos nacidos nos anos 1978, 1979 e 1980, que celebrarán este encontro nun restaurante de Ponteareas, despois de que o ano pasado se celebrase a primeira xuntanza deste tipo.

Os organizadores, para acercar máis a iniciativa a todos os mozos e mozas, ademais de utilizar o boca a boca, editaron carteis que se repartiron por Ponteareas e crearon un blog en internet, www.ceareencontro09.blogspot.com, onde están difundindo a información desde fai uns días.

Con este comunicado queremos animar a todos os alumnos destes anos a que asistan á cea, que é un lugar idóneo no que reencontrarse con antigos amigos, lembrar bos momentos e pasar unha boa velada. Ademais, neste ano están tamén convidados os profesores do centro.

viernes, 17 de abril de 2009

Só quedan cen prazas!!!

O que non se apure queda fóra!!

E non é capricho da organización, pero atopar un lugar no que entre un grupo numeroso, como é o caso, non é fácil...é dicir, non entramos en calquera sitio!!

Así que vai reservando o teu lugar...

martes, 14 de abril de 2009

...e sen esquecer a cámara de vídeo!!!

Se a cámara de fotos é imprescindible...que dicir dalgún aparello que inmortalice estes momentos únicos nun vídeo???

E para mostra, un botón...

Seguimos difundindo o evento!!

lunes, 13 de abril de 2009

Preparando as cámaras de fotos...


Non te esquezas deste elemento fundamental...

Antes e agora!!

A cámara de fotos...que logo non queda constancia...que as noites son moi longas e non nos acordamos...

Aínda que este ano esperemos que a foto de grupo sexa mellor (ou en mellores condicións...jajaja)

Estamos en contacto...

lunes, 6 de abril de 2009

Xa te podes apuntar!!!

Xa comezou a conta atrás e como sabemos que somos persoas de non deixar as cousiñas para o último minuto...

Xa podes apuntarte, nos teléfonos que aparecen nos carteis, ou en persoa e xa podes pagar e deixalo todo feitiño.

Podes chamar a quen consideres ou pasar directamente pola Tintorería Rey ou por Aceroplus...

Como che sexa máis cómodo...

Xa temos cartel!!!!


domingo, 5 de abril de 2009

Xa temos data da cea do 2009

Xa está cerrado o día! E esperamos que poidades asistir e que xa, a partir deste momento, comecedes a comentarllo a todo aquel que coñezades e que aínda non se enterase.

VENRES 29 DE MAIO

Reserva o día, márcao na túa axenda, desocúpaa se é preciso. Non podes faltar. Se faltaches á do ano pasado, xa che contarían como o pasamos. Este ano tes outra oportunidade. Non a desaproveites!!

Seguiremos informando!