jueves, 30 de abril de 2009

Difundindo o encontro nos medios de comunicación, porque sempre hai despistados...

Vimos de lanzar o noso encontro aos medios de comunicación, porque sempre hai xente que non se entera...que todo pode ser, nunca se sabe, ...


SERÁ O 29 DE MAIO NUN COÑECIDO RESTAURANTE DE PONTEAREAS
Ex-alumnos do IES Val do Tea organizan unha cea de antigos alumnos
Varios ex-alumnos do IES Val do Tea de Ponteareas organizaron unha cea, a modo de reencontro, para o próximo 29 de maio.

A cita intenta reunir a antigos compañeiros de instituto, concretamente aos nacidos nos anos 1978, 1979 e 1980, que celebrarán este encontro nun restaurante de Ponteareas, despois de que o ano pasado se celebrase a primeira xuntanza deste tipo.

Os organizadores, para acercar máis a iniciativa a todos os mozos e mozas, ademais de utilizar o boca a boca, editaron carteis que se repartiron por Ponteareas e crearon un blog en internet, www.ceareencontro09.blogspot.com, onde están difundindo a información desde fai uns días.

Con este comunicado queremos animar a todos os alumnos destes anos a que asistan á cea, que é un lugar idóneo no que reencontrarse con antigos amigos, lembrar bos momentos e pasar unha boa velada. Ademais, neste ano están tamén convidados os profesores do centro.

1 comentario:

  1. E tamén saímos no Faro do domingo 3 de maio...que non aparece en internet, polo que non podo pór o link...

    ResponderEliminar